O Concello do Grove ven de recibir a autorización do servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para a construción do Skate Park na Praza do Corgo, segundo o proxecto realizado polo Goberno e que conta con financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Na última reunión mantida coa Conselleira do Mar en relación a este tema indicouse que a ausencia de permiso de Portos para esa obra – que se demora xa dende abril de 2017 – debíase a que non se tiña recibido permiso por parte e Patrimonio. Unha vez recibido este permiso, que foi tamén remitido directamente Portos de Galicia, só queda a autorización desta entidade para poder poñer en marcha as obras.
Dende o Concello do Grove agárdase recibir de xeito inmediato o permiso de Portos pendente xa que, unha vez máis, a lentitude desta administración entorpece o correcto desenvolvemento dos investimentos previstos polo municipio, poñendo en risco axudas recibidas doutras administracións e, polo tanto, causando un grave prexuízo aos veciños e veciñas do Grove.
Noticias de última hora en Vigo