O Concello do Porriño acada a aprobación pola unión europea dun proxecto formativo sobre mocedade e cambio climático

Por primeira vez na historia deste municipio, o Concello do Porriño ven de acadar a aprobación pola Unión Europea dun proxecto formativo sobre mocedade e cambio climático. O anuncio realizouno Lourdes Moure, concelleira responsable de Proxectos Europeos que é unha competencia que se estrea neste mandato no goberno municipal.

O Concello do Porriño é o promotor e coordinador do proxecto que se circunscribe ao “Programa de Desarrollo de Capacidades da Xuventude”, xestionado directamente pola UE e dotado cun orzamento de 150.000 €. Xunto co Con cello do Porriño partici`pan diversas institucións e universidades de España, Portugal, Mozambique e Cabo Verde.

O proxecto “EYFEC”, siglas que corresponden a súa denominación en inglés (“Empowering Youth for Facilitating Ecological Transition”), ten como obxetivo empoderar aos mozos e mozas e ás institucións públicas e organizacións non gubernamentais, polo desarrollo ambiental e sostible.

A concelleira Lourdes Moure explicou que “o proxecto ten como destinataria á mocedade e como propósito convertir aos nosos mozos e mozas en axentes activos contra o cambio climático”. Lembrou que neste eido “O Porriño tivo un papel moi sobranceiro como acreditou a implicación de centos de escolares e os seus centros educativos nas reivindicacións dos ‘Fridays for Future’ que se celebraron na nosa vila”.

Tamén lembrou a “participación de Miriam Campos Leirós na Cumbre do Cambio Climático en Madrid en representación do movemiento “Profes polo futuro” que tivo o seu centro de operacións no CEIP Antonio Palacios. Por último, Moure citou que entre as entidades que participarán neste proxecto da UE figura o IES Ribeira do Louro, centro docente porriñés que xa ten unha ampla experiencia en intercambios escolares e traballos internacionais.

A concelleira de Proxectos Europeos valorou que “ao reto de implementar o proxecto haberá que sumar agora as restriccions derivadas do Covid-19 no que atinxe á realización de viaxes internacionais e celebración de actividades conxuntas que tamén albergaremos no Porriño”, manifestou Lourdes Moure.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM