O Concello do Porriño convoca as comisións municipais para o vindeiro mércores 22. Incluase a renovación do convenio para a xestión do albergue de peregrinos

Publicado por o día 20/01/2020 na sección de Galicia,O Porriño

O Concello do Porriño convoca as comisións municipais para o vindeiro mércores 22. Incluase a renovación do convenio para a xestión do albergue de peregrinos

Na orde do día das Comisións Municipais Informativas que se van celebrar o mércores 22, incluese hoxe unha novidade que ten que ver co Albergue de Peregrinos de O Porriño.

Na Comisión de Cultura sumase como asunto novo, estudar unha renovación do convenio coa Sociedade de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue pois o anterior databa de 2008.

Na mesma Comisión de Cultura trataráse a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para a regulación do uso da pirotecnia no concello.

No que atinxe ás restantes Comisións Municipais, cancelouse a de Contas por innecesaria xa que a desestimacións de alegacións á Conta Xeral de 2019 realizaráse directamente polo pleno da Corporacion.

Tamén haberá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e do fallo do Tribunal de Contratos Públicos de Galicia. A mesa de contratación reunida a pasada semana decidiu excluir á firma “Ascan” e trasladar ó pleno da Corporación Local que resolva a readxudicación do contrato de limpeza ciaria en favor da segunda empresa mellor puntuada que foi “Urbaser”.
Nesta comisión tamén se debatirá unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.