O Concello do Rosal acaba de adquirir tres timbais para o auditorio municipal que serán empregados por músicos rosaleiros e ensembles que actúen neste espazo e os precisen para os seus espectáculos. O Rosal é un concello prolífero no ámbito musical, exemplo diso é o gran número de músicos que saen da escola de música da Agrupación Musical do Rosal, coa que o concello colabora activamente dende hai anos. “Dotar ao auditorio municipal de instrumentos musicais e de todo o material necesario, tanto instrumental como técnico, é unha aposta polo desenvolvemento cultural do noso poso”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Por este motivo, o Concello irá dotando ao auditorio municipal do material necesario, comezando por dous timbais cromáticos de 23 e 29 polgadas con pedal de embrague co que completar o xogo co timbal concedido anteriormente, de 26 polgadas. Estes instrumentos, de grandes dimensións, tiveron un custo de máis de 7.250 euros que foron subvencionados a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
Estes timbais constan de caldeira de cobre, formadas a presión para manter un grosor uniforme en toda a caldeira, e suspendida mediante un anel de aceiro contorneado forte e firme para manter a estabilidade durante o transporte. Os instrumentos teñen tres rodas, dúas na parte posterior e unha baixo o mecanismo de pedal con sistema de freado para evitar que xiren e, contan ademais, cun mecanismo de afinador fino dos timbais colocado ao lado dos intérpretes que ofrece unha gran fluidez.
Na imaxe, de esquerda a dereita, Andrés García, presidente da Agrupación Musical do Rosal; Ánxela Fernández, alcaldesa; e Javier Alonso, director da Agrupación Musical, cos novos timbais no auditorio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.