O Concello dota ao Ceip Coutada Beade cun circuíto de seguridade viaria

Os 120 alumnos do Ceip Coutada Beade contan cun circuíto de seguridade viaria que lles servirá para concienciar na importancia da educación vial, tal e como xa se está a facer noutros colexios da cidade. Esta mañá o alcalde de Vigo visitou as instalacións deste centro educativo.
Publicado por o día 14/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello dota ao Ceip Coutada Beade cun circuíto de seguridade viaria

O rexedor participou hoxe luns na inauguración do circuíto de seguridade viaria do Ceip Coutada Beade, un centro escolar que conta con 120 alumnos de Infantil e Primaria. Logo da visita ás instalacións, Caballero falou cos medios de comunicación sobre o resto dos investimentos que administración local está a acometer nesta parroquia. Concretamente, referiuse á remodelación da estrada do Porto, que están a levar a cabo Concello e Deputación cun orzamento de 3,5 millóns. Tamén aludiu á ampliación da Escola de Música, cun orzamento de medio millón de euros así como aos traballos de asfaltado da estrada Venda, Costa da Gándara, Clara Campoamor ou Camiño Brea.