O Concello empraza versos de María Xosé Queizán, María Reimóndez e Silvia Penas en Príncipe

O alcalde anunciou este venres a colocación de tres placas con letras de bronce na céntrica rúa peonil, ao carón do poema de Carlos Oroza.
Publicado por o día 22/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello empraza versos de María Xosé Queizán, María Reimóndez e Silvia Penas en Príncipe

O alcalde anunciou este venres a colocación de tres placas con letras de bronce na céntrica rúa peonil, ao carón do poema de Carlos Oroza. 

A rúa do Príncipe lucirá proximamente versos de tres poetisas galegas, tal e como explicou esta mañá Abel Caballero. O goberno municipal colocará tres placas con letras de bronce no chan da rúa con extractos de poemas de María Reimóndez, Silva Penas e María Xosé Queizán.

As súas obras estarán próximas ao poema de Carlos Oroza, que nestes momentos tivo que ser sacado polas obras que se realizan no edificio que está ao seu carón.

Así, os versos que poderán lerse en Príncipe son os seguintes:

“Aspiro o despertar e vexo a ría
mudarse a tona gris,
lavarse a bruma e as remelas…”
Mª Xosé Queizán

“A elas
que nos edificaron
polas marxes do Lagares…”
Silvia Penas

“Pola mañá a cidade ole
a unha persoa acabada de levantar
do mar….
María Reimóndez

Comentar noticia

Your email address will not be published.