O Concello estenderá a humanización de Camelias ata Hispanidade e unirá ambas avenidas cunha senda verde

Logo de “sete meses” de espera polo visto bo de Patrimonio da Xunta de Galicia, o alcalde anunciou a aprobación do proxecto de humanización da Avenida das Camelias, entre Juan Ramón Jiménez e o cruce coa Hispanidade, por case 2,2 millóns. O Concello unirá ambas avenidas dando lugar a unha nova zona verde.
Por o 27/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello estenderá a humanización de Camelias ata Hispanidade e unirá ambas avenidas cunha senda verde
Compartir en:

A Xunta de Goberno Local validou este xoves o proxecto de humanización dunha nova fase da Avenida das Camelias, entre Juan Ramón Jiménez e a Avenida da Hispanidade, por importe de 2.165.000 euros e oito meses de prazo de obras.

O alcalde denunciou que a Xunta de Galicia “nos fixo perder sete meses”, o tempo empregado por Patrimonio para informar este proxecto. A humanización inclúe novos pavimentos, redes de abastecemento, alumeado e mobiliario urbano, maior eficiencia enerxética e mellora da seguridade viaria. O Concello fará un novo paso de peóns á altura do elevador inclinado, para darlle continuidade ao corredor vertical que parte desde o Auditorio Mar de Vigo.

Caballero puxo en valor que esta humanización prevé recuperar un espazo público emprazado entre os números 19 e 21 da Avenida, coa demolición da edificación alí existente. O proxecto do Concello propón executar ademais unha senda que una Camelias con Hispanidade, dando lugar a unha nova zona verde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.