O Concello estudará a posibilidade de manter a iluminación de Nadal durante o mes de xaneiro

Tras a petición dos empresarios no transcurso do Padroado da Fundación Provigo, o alcalde deixou aberta a porta a esta ampliación dado o “impacto” positivo da iluminación no comercio, a hostalería e o turismo da cidade.
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello estudará a posibilidade de manter a iluminación de Nadal durante o mes de xaneiro

Abel Caballero presidiu este luns a reunión do Padroado da Fundación Provigo ao que se incorporou o delegado da Zona Franca, David Regades, e o director territorial de Abanca en Vigo, Walter Álvarez, e na que abordaron o programa da entidade para o vindeiro ano 2019.

Amais, os empresarios que conforman o Padroado propuxéronlle ao alcalde manter acendida a iluminación de Nadal durante o mes de xaneiro dado o “impacto económico tan elevado que están tendo”, con efectos positivos no número de visitantes á cidade e na actividade de hoteis, restaurantes e comercios…

Abel Caballero comprometeuse a estudar a posibilidade de estender a duración do acendido de Nadal apuntando que a cidade están recibindo un número de visitas “sen precedentes” na súa historia, o que ten unha “mobilización económica” moi positiva.