O Concello estudará co sector un novo modelo de funcionamento de taxi compartido

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o taxi compartido pode ser en determinadas zonas un sistema alternativo ao autobús, “unha idea sólida” que pode “ser un bo servizo”. Tal e como explicou, nestes momentos esta iniciativa está en fase de estudo e se tomará unha decisión en dez días aproximadamente.
Publicado por o día 31/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello estudará co sector un novo modelo de funcionamento de taxi compartido

Logo de manter unha reunión co presidente, co vicepresidente e co secretario da Cooperativa de Taxis de Vigo, Manuel Chorén, Emilio Mosquera e Alfredo Estévez, respectivamente, Caballero anunciou que o Goberno está a estudar unha proposta do sector que consiste nun novo modelo de funcionamento deste servizo en Vigo: o taxi compartido. Explicou que nestes momentos o proxecto bastante avanzado e que en dez días o goberno local tomará unha decisión definitiva.

O mecanismo pasa porque varias persoas que van na mesma dirección ou ao mesmo sitio reserven un mesmo taxi, por exemplo ao hospital, abundou. Podería ser un sistema alternativo ao autobús “moi viable, está ben deseñado, con garantías e pode ser un bo servizo” nunha cidade cunha estrutura poboacional moi complexa para zonas do rural nas que non hai acceso ao autobús, que non pode pasar polas 1.700 rúas de Vigo.

O Concello cooperaría apoiando a cada un destes usuarios e estase a estudar que o xeito de pago sexa a través da Passvigo.