O Concello expón o informe ambiental estratéxico para o proxecto do Barrio do Cura

Abel Caballero anunciou este luns que xa está en marcha a tramitación ambiental do proxecto que reformará o Barrio do Cura. “Barrio do Cura é unha das zonas máis interesantes da cidade e imos a manter a tradición e a arquitectura protexida”, sinalou o alcalde.
Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello expón o informe ambiental estratéxico para o proxecto do Barrio do Cura

O alcalde de Vigo informou este luns da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do informe ambiental estratéxico para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello no ámbito de Barrio do Cura. Trátase “dunha gran noticia” porque se recuperará o substancial da ordenación establecida do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do ano 2014, que adaptaba ao PXOM de 2008.

“Barrio do Cura é unha das zonas máis interesantes da cidade e imos manter a tradición e a arquitectura protexida”, sinalou o alcalde en referencia a fachada do vello asilo do Paseo de Alfonso XII. Abel Caballero explicou que o proxecto recibiu o visto e prace para ser tramitado cunha avaliación ambiental simplificada.

A superficie edificable será de 56.000 metro cadrados, reservando un 30% do aproveitamento do solo urbano non consolidado a vivenda de protección oficial e un 10% quedará nas mans Concello como solo dotacional. Se destinarán 5.000 m² para espazos libres e zonas verdes, 300 prazas de aparcamento e un miradoiro sobre a Ría.

Caballero explicou que toda a contorna vai ser reformada, tanto as comunicacións rodadas como as peonís. “Imos continuar a rúa Torrecedeira cara Poboadores, melloraremos a rúa Llorente e Santa Marta, cun novo acceso peonil desde A Ribeira do Berbés ata o Paseo de Alfonso”.

A tramitación poderá completarse nun prazo de entre 10 e 16 meses. “Durante 70 anos o barrio estivo abandonado, en ruína desde hai 40 anos, necesita rehabilitación e suporá un impacto positivo sobre a mobilidade, aportará prazas de aparcamento, zonas verdes e novos miradoiros con equipamentos públicos e bloques de edificios”, engadiu.

A aprobación definitiva chegará despois da exposición pública e de sumar as alegacións. Caballero tamén destacou que se vai conservar a fachada da vella capela do asilo porque “é colosal e mentres sexa alcalde no se tira nin unha sola obra de valor arquitectónico”