O Concello facilita tarxetas coas becas de comedor para o alumnado de centros escolares sen servizo de comidas

Abel Caballero informou este martes de que o Concello entregará de forma inmediata tarxetas ás familias que teñan concedida unha beca de comedor e non poidan facer uso porque este servizo non estea dispoñible no centro escolar. O alcalde explicou que o sistema estará en funcionamento mentres o alumnado non poida acudir aos comedores.
Publicado por o día 24/11/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello facilita tarxetas coas becas de comedor para o alumnado de centros escolares sen servizo de comidas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o Concello vai a repartir un total de 184 tarxetas con fondos para os nenos e nenas cuxos colexios non abriron o comedor (tres centros) e no sucesivo a aqueles alumnos que no futuro se vexan na mesma situación.

Este sistema permitirá cargar as tarxetas tres veces nos vindeiros meses cun total de 384 euros. Nos próximos días o ingreso será do 40 por cento do total da beca, 154 euros. En xaneiro haberá outro cargo de 154 e euros en marzo un máis de 76 euros.

As tarxetas estarán activas mentres o alumnado non poida ir a estes comedores escolares ou calquera outro que peche o seu comedor. O Concello xa fala directamente cos beneficiarios das tarxetas tras ter coñecemento da situación a través dos comedores sociais.

As becas de comedor e libros de 2020 contan este ano cun orzamento de 1,2 millóns de euros e foron concedidas un total de 3.030 becas de comedor e 1.200 de libros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.