O Concello fornece con 350.000 euros un programa de axudas sociais para o alumnado da UVigo

Publicado por o día 10/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

O Concello fornece con 350.000 euros un programa de axudas sociais para o alumnado da UVigo

O desenvolvemento dun programa de concesión de axudas sociais ao alumnado, que ten por finalidade acadar que ningún estudante quede excluído dos estudos universitarios por razóns económicas é o obxecto do convenio asinado hoxe polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da UVigo, Manuel Reigosa. As bolsas, ás que o Concello achegará 350.000 euros, pretenden garantir a igualdade de oportunidades do alumnado cunha situación económica ou circunstancias familiares que poidan dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Segundo se recolle no convenio asinado por Caballero e Reigosa, e en palabras do alcalde de Vigo, “o obxectivo é que ninguén quede excluído dos estudos universitarios por falta de recursos”, de maneira que, por exemplo, poidan recibir unha bolsa de comedor no caso de que precisen comer nas instalacións educativas, garantido a igualdade de oportunidades” do alumnado cunha situación económica ou familiar que poida dificultar o seu acceso ou permanencia na universidade. Na procura deste obxectivo o goberno municipal achega 350.000 euros neste ano 2020 para financiar o programa de axudas que se conceden con “criterios de política social”, tal e como explicou o alcalde.

Bolsas comedor e axudas ao estudo

En virtude ao convenio subscrito hoxe a Universidade desenvolverá un programa de axudas destinadas ao alumnado con dificultades económicas que comprenderá bolsas de comedor e axudas ao estudo para o estudantado con circunstancias familiares ou económicas desfavorables, na procura de que poidan continuar realizando os seus estudos. Con este obxectivo, a UVigo convocará o programa de axudas que estime axeitadas destinadas a garantir que ninguén abandone os seus estudos e elaborará as bases reguladoras das convocatorias garantindo a igualdade de oportunidades, asegurando a súa difusión entre o alumnado. A Universidade tamén xestionará o procedemento de outorgamento das bolsas, de conformidade coas bases reguladoras, nas que se terá en conta o nivel de renda e condicións familiares das persoas solicitantes e outras circunstancias sociais.

“Queremos que estes 350.000 euros sexan para política social”, apuntou o alcalde, aínda que estritamente non contabilicen neste departamento municipal senón que se financian dende a área de Educación. Con todo, dixo, “continuamos co noso proceso de ser a cidade de España coa máis importante política social”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.