O goberno local decidirá a data do acendido do Nadal en función da votación da cidadanía que participe votación habilitada na páxina web municipal. As opcións propostas son o sábado 17 ou o sábado 24 de novembro e a decisión final se coñecerá rematado o prazo de votación, que se estenderá durante unha semana e comezará mañá mércores. O rexedor avanzou que Vigo espera un “cheo colosal” o que supón “riqueza, emprego, valor engadido e turismo para a cidade”. Trátase dun investimento que devolve o cento por un, tal e como sucedeu no último Nadal, abundou. Tal e como lembrou, este ano vanse iluminar 350 rúas e prazas da cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.