O Concello habilitou 6 prazas para persoas con mobilidade reducida na zona do Mercado e Biblioteca

Creáronse tamén seis prazas de estacionamento de motocicletas e instalaranse aparcadoiros para bicicletas
Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Galicia,Ponteareas

O Concello habilitou 6 prazas para persoas con mobilidade reducida na zona do Mercado e Biblioteca

A Concellaría de Mobilidade e a de Vías e Obras que dirixen Roberto Mera e Chus Garrote respectivamente, habilitaron a pasada semana 6 prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida no entorno do Mercado e Biblioteca Municipal. Concretamente as prazas creáronse na rúa da Perillana (2), no aparcadoiro do Mercado Municipal (1), nas rúas A Estrada (1), Morales Hidalgo (1) e Fernández Vega (1).

Todas elas reunen os requisitos legais de dimensións e contan co seu correspondente espazo cebreado lateral tal e como establece a normativa. Das seis prazas, dúas son de nova creación e as outras catro responden a un cambio de localización, pois as anteriores non cumprían coas dimensións e esixencias legais. As prazas creadas aseguran o cumprimento da ratio legal dunha praza por cada 40 convencionais na zona e están vencelladas a equipamentos públicos como o Mercado Municipal, Auditorio, Biblioteca e Museo ou Praza da Perillana que proximamente será peonil e ciclábel. A ubicación das novas prazas e a súa configuración e deseño foron avaliadas previamente coa asociación local ADAPTA de persoas con discapacidade.

As actuacións realizá

ronse no marco dos traballos de reordenación dos espazos peonís e do tráfico na zona oeste da vila executados a pasada semana e nas que tamén se crearon seis prazas de estacionamento para motocicletas nas rúas Braña, A Estrada e Fernández Vega. Por outra banda, a vindeira semana prevese a instalación de aparcadoiros de bicicletas na nova praza situada diante do Auditorio. Tamén en materia de accesibilidade creáronse pasos de peóns até agora inexistentes diante da Biblioteca-Museo e do Conservatorio Municipal para o acceso seguro e universal das persoas usuarias.

O concelleiro de Mobilidade Roberto Mera sinalou que “en todas as actuacións que imos ir acometendo nos vindeiros meses e anos para mellorar a vila revisaremos sistematicamente as prazas para persoas con mobilidade reducida e as ampliaremos e melloraremos para que cumpran coa normativa. Ademais crearemos sempre prazas de estacionamento de motos e instalaremos aparcabicis, para fomentar estes modos de desprazamento alternativo ao coche”.

Pola súa banda, a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, explicou que “a accesibilidade para todas as persoas e especialmente as de mobilidade reducida é unha prioridade deste goberno” e adiantou que nas vindeiras semanas as actuacións completaranse cos correspondentes rebaixes nas beirarrúas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.