O Concello inaugurará o 23 de decembro o tramo do carril bici que vai de Venezuela a Camelias

O próximo 23 de decembro Vigo contará cun novo tramo de carril bici operativo, o que discorre entre a Praza Independencia e o cruce de Venezuela con Gran Vía. Deste xeito, avanza un proxecto que conta cun orzamento de 4,5 millóns, dos que 3,5 proceden de fondos da Deputación de Pontevedra.
Publicado por o día 29/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inaugurará o 23 de decembro o tramo do carril bici que vai de Venezuela a Camelias

O alcalde avanzou esta mañá que o 23 de decembro entrará en servizo o tramo de carril bici que vai desde a Praza Independencia ata o cruce de Venezuela con Gran Vía. Este percorrido vense sumar ao tramo xa inaugurado o pasado mes de setembro, o correspondente á Avenida Castelao, en Coia (desde Praza de América ata o Volcán).

Tal e como detallou o rexedor, este proxecto, cun importe de 4,5 millóns, está financiado a través dun convenio entre Concello e Deputación, polo que a institución provincial achega 3,5 millóns e a administración local, 953.000 euros.

Xunta de Goberno

O rexedor deu conta esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno de varios convenios de colaboración con distintas entidades da cidade. En primeiro lugar, referiuse á Asociación de mariñeiros artesanais e deportivos de Bouzas, que recibirán 16.000 euros no marco do fomento do emprego e da difusión da cultura mariñeira. As asociacións de veciños Curva de San Gregorio e Vigo Novo, recibirán 6.800 e 5.000 euros, respectivamente; mentres que a CIG poderá financiar parte das súas actividades cunha achega de 15.000 euros. Finalmente, a Asociación de persoas xordas de Vigo poderá cofinanciar a contratación dun intérprete en linguaxe de signos cunha subvención de 7.000 euros.

Una respuesta para "O Concello inaugurará o 23 de decembro o tramo do carril bici que vai de Venezuela a Camelias"

  1. Gamela   29/11/2019 at 23:48

    Se retirasa as vallas dunha puta vez… en Camelias medio mundo cabreado coa imposibilidade de parar siquera un minuto para recoller un paquete ou baixar unha persoa con mobilidade reducida…

    Pero Abel é máis chulo que ninguén: agora metéuselle nos miolos a frase máxica: temos que pacificar o tráfico !

    Unha cousa é “pacificar” que boa falta facía en Vigo, e outra ben distinta montar un circo onde os coches nin siquera circulan entre semáforos mal coordinados e peatóns con samartphone incorporado que non saben van ou veñen…

    As caravanas baixando do Concello ao Paseo de Alfonso (aquí non hai carril bici) non son normais… todo dios cos coches apagados e mirando o mobil…

    ¿Cantos millóns pagamos pola puñetera REDE SEMAFÓRICA DE ÚLTIMA XERACIÓN? Disque agora se chama Smart City…

    Os convenios de Abel son coma o Carril Bici, rateiras cando entras non saes! Imos pasalo bomba: parada nos 8 semáforos, parada na entrada dos garaxes privados, parada na parada do bus, parada porque os coches estacionarán no carril bici… PARADA CARDÍACA !!!

    E para un par de kilómetros de Castelao a Pizarro 4,5 MILLÓNS qué necesidade tiña de meter o carril por onde máis tráfico hai en Vigo ?

    Hala, agora todos ao Mercadillo, e logo a pasar pola Noria… Abel dixit !

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.