O alcalde de Vigo adiantou que a Xunta de Goberno Local, na sesión de mañá xoves, aprobará comunicar á actual concesionaria do abastecemento e saneamento da auga a inoperabilidade da prórroga tácita prevista no prego de condicións do servizo, é dicir, que se dará traslado a compañía da decisión do Concello de non prorrogar a concesión.
O goberno de Vigo xa iniciou o procedemento para levar adiante unha nova concesión administrativa. Informou Abel Caballero que o Concello traballa no novo contrato cun comité técnico para a elaboración dos pregos, coa finalidade de mellorar a calidade do “moi bo” servizo que actualmente presta a empresa concesionaria.
A nova concesión contemplará actuacións de mellora en materia de abastecemento e saneamento. O alcalde explicou algunhas, como a mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP) do Casal, melloras nas conducións e nos depósitos de almacenamento, un programa de redución de perdas e renovación de bombeos e a eliminación da rede de fibrocemento.
No tocante ao saneamento, o contrato que prepara o Concello inclúe a ampliación da rede separativa de pluviais, programas de mellora e acondicionamento de pretratamentos e puntos de alivio, rede de bombeos e redución de infiltracións, a mellora da EDAR de Teis, a extensión de redes no rural ou a instalación de novos tanques de tormenta.
Ademais, segundo avanzou o alcalde, tamén se aprobará a apertura do trámite de consulta pública para a tramitación e aprobación dun novo regulamento do servizo, un requisito previo ao novo contrato.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "O Concello incluirá melloras no abastecemento e saneamento na nova concesión da auga"