O Concello incrementa a asignación ao Marco en 120.000 euros este ano

A Xunta de Goberno aprobou este xoves a subvención nominativa á Fundación MARCO co fin de arranxar a cuberta e realizar melloras no edificio por un valor de 120.000 euros que se suman aos 600.000 euros anuais que recibe a entidade por parte do goberno municipal.
Publicado por o día 30/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello incrementa a asignación ao Marco en 120.000 euros este ano

Abel Caballero explicou que se acometerá un “gran arranxo” da cuberta do edificio xa que nestes momentos se producen filtracións de auga que se incrementan co paso do tempo. Así, estes 120.000 euros súmanse aos 605.000 que o Concello transfire cada ano á Fundación, elevando o total da subvención neste 2020 a 725.000 euros, “o 76% do custo da fundación á que a Xunta dedica 100.000 euros” o que cualificou como “abandono da Xunta”.

Subvención a FEPEGA

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á subvención a favor da Federación de Asociacións de Empresarios de Salóns de Peiteados e Estética de Galicia (FEPEGA) para a organización dos Premios Imaxe Vigo 2020, que se celebrou en Vigo no mes de xaneiro.

O rexedor destacou que Vigo ten máis de 700 salóns de peiteado e centros de estética e case 2.000 persoas dependen deste sector no que “queremos que a cidade ocupe un lugar en Galicia pola súa capacidade creativa e técnica e por ser profesión de presente e futuro”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.