O Concello incrementará en máis de 600.000 euros a partida para desinfectar colexios

O goberno local aumentará en 617.000 euros o gasto en desinfección de colexios ante a negativa da Xunta de asumir esta responsabilidade. Todos os centros contarán con tres limpezas especiais diarias para o que suporá so neste ano 243.000 euros. En todo caso, o alcalde avanzou a decisión das principais cidades galegas de reclamar ao Goberno autonómico ese gasto.
Publicado por o día 10/09/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello incrementará en máis de 600.000 euros a partida para desinfectar colexios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou esta mañá de que o Concello deu luz verde á ampliación do contrato de limpeza nos colexios públicos e nas escolas municipais para facer fronte ás obrigacións de desinfección. Trátase dunha responsabilidade da Xunta, para o que elaborou protocolos que non asume, explicou o rexedor. Serán precisas 32.000 horas máis de traballo cun custo de 617.000 euros máis, só nos nos 4 meses deste ano, o incremento do custo será de 243.000 euros. Todos os centros contarán con 3 desinfeccións diarias, unha tarefa que a empresa concesionaria xa está a facer desde o pasado 31 de agosto.

Durante a rolda de prensa o rexedor avanzou que as grandes cidades de Galicia mantiveron unha reunión telemática na que acordaron reclamarlle á Xunta este custo posto que o Goberno autonómico recibe fondos do Estado para acometer estes gastos extraordinarios xerados pola pandemia.

Ascensores

A Xunta Local de Goberno aprobación inicialmente a ordenanza municipal para a instalación de ascensores en edificios xa construídos de uso residencial colectivo. Unha vez ratificada polo Pleno, abrirase un prazo de 30 días hábiles de exposición pública, previos á aprobación definitiva. O alcalde valorou a “importancia” dunha norma que dará cobertura legal á construción de elevadores en fachadas de inmobles que carecen destes, ocupando incluso espazo público. O texto procura resolver os problemas de accesibilidade existentes nestas construcións, na súa maioría construídas sen ascensor nos anos sesenta ou setenta do pasado século.

Outro dos asuntos que recibiu luz verde esta mañá foi a contratación da produción técnica necesaria para el “Calendario de eventos deportivos da cidade de Vigo”. Cun importe anual de 33.000 euros, ten como obxectivo permitir a colaboración no desenvolvemento de eventos deportivos na vía pública tales como o programa Run run Vigo, as carreiras ciclistas ou carreiras escolares. Tal e como explicou o rexedor, trátase dun contrato a demanda que só se factura se houbera accións deportivas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.