O Concello inicia a construción da Vía Verde que estará rematada nun máximo de seis meses

O alcalde asistiu este xoves á colocación da primeira pedra da nova senda peonil e para bicicletas que percorrerá a antiga vía do tren dende a estación de Urzáiz ata Teis e que ten un orzamento de 1,4 millóns de euros.
Por o 14/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello inicia a construción da Vía Verde que estará rematada nun máximo de seis meses

Áreas de descanso, miradoiros, apeadoiros, paneis informativos e zonas de aparcamento son algúns dos elementos cos que contará a Vía Verde de Vigo que hoxe inicia a súa construción, logo da colocación simbólica da primeira pedra por parte de Abel Caballero.

O rexedor explicou que se acondicionará a plataforma ferroviaria e que se manterán algunhas pezas, soportes das catenarias e que tamén se adecuarán as áreas adxacentes para convertelas en espazos de descanso ou miradoiros. Amais, o Concello acometerá varias actuacións para facilitar o acceso na parte máis próxima ao centro urbano cunha pasarela entre Vía Norte e a rúa Navarra de 51 metros e cunha rampla de 150 metros con perfiles metálicos na Avenida de Bos Aires desde o paso elevado. Pensando na seguridade dos usuarios, o trazado contará con “boa iluminación”.

Abel Caballero sinalou que a Vía Verde, que unirá a estación de Urzáiz e Teis, conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros para acometer unha senda peonil e para bicicletas así como para futuras formas de transporte, unha vez estean reguladas. Ten unha lonxitude de 3,597 quilómetros de longo, e 5 metros de ancho – 3 metros para o carril bici e 2 para a senda peonil- e conta cun prazo de execución de seis meses.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.