O Concello inicia a humanización de Travesía de Escolas Públicas cun orzamento de 300.000 euros

O alcalde presenciou esta mañá o inicio da humanización da Travesía de Escolas Públicas, unha rúa na que vive xente traballadora e que levaba moito tempo abandonada”. O proxecto prevé a renovación de redes, pavimento e mobiliario urbano, cumprindo os maiores niveis de calidade.
Publicado por o día 01/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inicia a humanización de Travesía de Escolas Públicas cun orzamento de 300.000 euros

Abel Caballero participou esta mañá no acto de colocación da primeira pedra da humanización de Travesía de Escolas Públicas, unha obra da que se sentiu moi “satisfeito” porque “é unha rúa na que vive xente traballadora e que levaba moito tempo abandonada”. Cun orzamento de 300.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, o proxecto prevé renovación de saneamento, abastecemento, pluviais e alumeado, así como do pavimento, do mobiliario urbano e da zona axardinada.