O Concello inicia a obtención dos terreos para ampliar o paseo do Lagares ata Manuel Álvarez

Abel Caballero informou que o goberno vigués incoa o expediente para a consecución dos terreos que permitan levar o paseo fluvial ata Manuel Álvarez. O alcalde cifrou o investimento municipal en 776.000 euros neste novo tramo de 3,3 quilómetros, con seis meses de prazo estimado de obras
Publicado por o día 20/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inicia a obtención dos terreos para ampliar o paseo do Lagares ata Manuel Álvarez

Segundo adiantou este martes o primeiro edil vigués, a Xerencia de Urbanismo deste xoves dará conta da resolución para a obtención dos terreos que permitan extender o paseo fluvial do río Lagares desde a Avenida de Madrid ata Manuel Álvarez.

Abel Caballero explicou que se incoa o expediente para a consecución do solo co que practicamente se prevé completar a senda do Lagares ata Manuel Álvarez, un novo percorrido de 3,3 quilómetros de lonxitude no que o Concello de Vigo prevé investir 776.000 euros, cun prazo estimado de seis meses de obra.

O goberno vigués, engadiu o alcalde, prevé facerse cos terreos de mutuo acordo coa propiedade e, de non frutificar, optarase pola vía expropiatoria. So afectará a zonas de servidume do río, revelou Caballero, o que supón cinco metros desde a marxe fluvial, onde xa existe a obriga legal de permitir o acceso ao río.

O Concello contempla a demolición de cinco pequenas construcións -alpendres, cerramentos e incluso unha ponte de formigón- para poñer “en condicións” o futuro paseo á beira do río Lagares.