O Concello inicia as obras para conectar con escaleiras as rúas Celso Emilio Ferreiro e Marqués de Alcedo

As obras para construír unhas novas escaleiras na contorna do Castro comezaron este luns e está previsto que finalicen no prazo dun mes. O alcalde informou en rolda de prensa do avance doutras actuacións dentro do programa Vigo Vertical, como a instalación de escaleiras mecánicas nos tramos da Gran Vía que restan por humanizar.
Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inicia as obras para conectar con escaleiras as rúas Celso Emilio Ferreiro e Marqués de Alcedo

O Concello de Vigo comezou este luns as obras para conectar con escaleiras as rúas Celso Emilio Ferreiro e Marqués de Alcedo, na contorna de O Castro, para as cales foi necesario un proxecto arqueolóxico con catas e sondaxes. “No lugar existe un importante xacemento arqueolóxico de época romana que foi descuberto e protexido durante a humanización do lugar”, explicou Abel Caballero en rolda de prensa.

O alcalde explicou durante a súa comparecencia que os traballos de construción das escaleiras durarán aproximadamente un mes e abrirán unha nova vía peonil para as persoas que se desprazan pola zona. “É unha actuación pequeniña pero moi significante”, sinalou. As obras inclúen unha nova senda de xabre, iluminación, barandas, zona verde e bancos.

Ademais, Caballero informou de que o Concello xa conta tamén cun novo proxecto do programa Vigo Vertical para instalar unhas escaleiras mecánicas na rúa Talude -xunto ao Colexio Mariano-, de forma que se poida conectar a rúa Urzaiz coa zona do Couto San Honorato. O orzamento ronda o 1,5 millóns de euros.

Por último, o rexedor fixo mención dos avances na Gran Vía para finalizar a humanización e a instalación de ramplas mecánicas. Abel Caballero apuntou que o goberno local xa traballa co proxecto para continuar a actuación tanto aos dous tramos máis próximos á Praza da España como o situado no arranque da rúa en Urzaiz.

Comentar noticia

Your email address will not be published.