O Concello inicia en Castelao as obras do gran carril bici entre Teis e Samil

O alcalde desprazouse este xoves ata a Avenida de Castelao, punto de inicio dos traballos do carril bici que unirá a rúa Bos Aires con Samil, con preto de seis millóns de orzamento. Caballero estimou que na próxima “primavera verán” estará en funcionamento.
Publicado por o día 14/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inicia en Castelao as obras do gran carril bici entre Teis e Samil

O goberno vigués iniciou este xoves os traballos do que será o gran carril bici da cidade, que “atravesa literalmente a cidade”, en verbas de Caballero, e que leva aparellada a humanización daquelas rúas que non estean xa remodeladas.

Por exemplo na Avenida de Castelao, o novo carril bici estará emprazado en parte da actual beirarrúa e o espazo de agora para as bicicletas será zona peonil. Partindo en Samil, pasará pola Avenida de Europa, Avenida de Castelao, Praza de América, López Mora, Camelias, Praza do Bicentenario, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e Bos Aires.

O Concello reserva un orzamento próximo aos seis millóns de euros para esta obra, explicou Caballero, quen apuntou que o carril bici construirase en cinco fases que se executarán de forma simultánea. Así, na “primavera verán” do próximo ano estará en funcionamento.

O novo carril bici é parte da cooperación institucional do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O ente provincial, presidido por Carmela Silva, achega o 60% do custo, polo 40% da administración local, segundo subliñou o alcalde de Vigo.