O Concello inicia o domingo o asfaltado de Arquitecto Palacios

O domingo 12 de maio darán comezo os traballos de pavimentación de Arquitecto Palacios, que concluirán previsiblemente na noite do xoves 16. O asfaltado terá lugar principalmente de noite, entre as 22h e as 05h, con cortes puntuais de tráfico.
Publicado por o día 10/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inicia o domingo o asfaltado de Arquitecto Palacios

Este domingo, 12 de maio, o Concello de Vigo dará comezo aos traballos de asfaltado de Arquitecto Palacios. Segundo a planificación municipal, a obra finalizará o xoves 16 de maio e contemplará cortes á circulación dos vehículos, principalmente durante as noites.

Desde as 22h do domingo ata as 05h do luns, procederase ao corte do tráfico do vial en sentido descendente a Castrelos, mentres que na madrugada do luns ao martes, nos mesmos horarios, pecharase á circulación en sentido estación de autobuses. A noite do xoves ao venres, os carrís ao redor da propia terminal de autobuses.

Durante o día, e o resto de noites, o traballo de asfaltado será compatible coa circulación, garantindo sempre un carril de circulación en cada sentido. Ademais, non se poderá circular nos ramais de acceso ao centro comercial, en sentido descendente na mañá do luns e na mañá do martes, en sentido ascendente.