O Concello iniciará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina nos vindeiros días

Instalaranse medidas de seguridade contra a Avispa Asiática nos lugares públicos con maiores confluencias como prazas públicas, colexios ou praias.
Por o 18/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O Concello iniciará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina nos vindeiros días

En Redondela, a 18 de marzo de 2019. O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da Avispa Velutina, tamén coñecida como asiática.

As medidas de seguridade serán situadas en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas: prazas públicas, colexios, parques infantís e praias.

A primeira fase dos traballos desenvolviuse entre os meses de maio e decembro, nos cales se levou a cabo a retirada de nidos de velutina en todas as parroquias.

Os traballos foron atendidos por orde de prioridade, sacando en maio os nidos de velutina máis próximos ás vivendas, ao lados dos colexios e parques infantís. Por último, e xa ven entrados nos meses de outono e inverno, os traballos continuaron as zonas de fincas, montes e regatos lonxe de vivendas.

En total, en 2018 retiráronse máis de 300 nidos de velutinas. Esta é unha cifra á alza posto que desde que se contabiliza esta acción, en 2015, a cantidade non deixou de medrar. Nese ano tan só se retiraron 35 nidos, pero xa en 2016 a cifra foi incrementando até os 100 nidos retirados. En 2017 a cifra foi de 200 nidos.

Neste senso, o alcalde de Redondela, Javier Bas, quixo destacar a importancia das medidas de control que leva a cabo o Concello cada ano, recordando tamén que “o medioambiente é unha tarefa de todos”.

Neste senso, o goberno municipal de Javier Bas fai un chamamento á colaboración de todos os veciños para que se poñan en marcha medidas de prevención contra esta especie invasora, especialmente se contan con prantas ou árbores de orixen asiático no seus xardíns, tipo camelia ou palmeiras.

Cabe recordar que en cada nido de velutina poden convivir entre unhas 3.000 e 5.000 avispas. De ahí, sairán aproximadamente unhas 200 avispas reinas, que serán as que colonicen novos nidos a vindeira tempada.

Pola súa banda, o edil de medioambiente, Miguel Ángel Álvarez, destacou que algúns dos nidos que aínda son visibles a día de hoxe non se retiraron por considerárense inactivos e que os expertos indican que o recomendable nestes casos é esperar a que caian. En caso de exercer manipulación, poderíase ocasionar o efecto xustamente contrario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.