O Concello instala soportes publicitarios do Nadal de Vigo en doce cidades de España e Portugal

As festas do Nadal de Vigo se anunciarán con en Oviedo, Gijón, Avilés, Burgos, Salamanca, Pontevedra, Bilbao, Vitoria, San Sebastián, Oporto, Coimbra e Braga. Ademais, o alcalde avanzou que este martes participará nunha campaña publicitaria do Nadal na Estación de Autobuses de Madrid.
Publicado por o día 18/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello instala soportes publicitarios do Nadal de Vigo en doce cidades de España e Portugal

As festas do Nadal de Vigo se anunciarán con en Oviedo, Gijón, Avilés, Burgos, Salamanca, Pontevedra, Bilbao, Vitoria, San Sebastián, Oporto, Coimbra e Braga. Ademais, o alcalde avanzou que este martes participará nunha campaña publicitaria do Nadal na Estación de Autobuses de Madrid.

O Nadal de Vigo estará presente en doce cidades de España e Portugal grazas á campaña publicitaria do Concello para promover as festas. O alcalde, Abel Caballero, anunciou este luns que se están a instalar “mupis” en nove cidades españolas e tres portuguesas.

Así, estarán activos ata o 1 de decembro, é dicir, durante dúas semanas, soportes publicitarios en mobiliario urbano de Oviedo (40), Gijón (40), Avilés (25), Burgos (25), Salamanca (40), Pontevedra (30), Bilbao (25), Vitoria (25), San Sebastián (25), Oporto (60), Coimbra (30) e Braga (30).

Ademais, o rexedor anunciou que este martes se desprazará a Madrid para participar nunha nova acción de promoción do Nadal de Vigo na estación de autobuses.