A Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación de dispositivos de lectura da PassVigo de xeito que a tarxeta poida ser usada como acreditación en instalacións deportivas municipais. Son 30 lectores que se instalarán no ximnasio e na piscina do Carme, na Lavadores, na Teis, e na Valladares, así como no ximansio do Carme e permitirán acreditarse coa tarxeta e beneficiarse de vantaxes especiais como tarifas bonificadas. Tal e como explicou o rexedor, esta compra, cun investimento de 40.000 euros, é un “paso moi importante” para que en pouco tempo a tarxeta tamén sirva como un método de pago.
Por outra banda, o rexedor avanzou que se trata dun “paso imprescindible” para a utilización do aparcamento municipal do Álvaro Cunqueiro cando estea establecido o sistema de pago e máis a ordenanza, apostilou.
O 80% deste proxecto esta financiado con fondos europeos a través do programa EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.