O Concello investirá 600.000 euros en renovar a iluminación do parque de Castrelos

Cun orzamento superior aos 600.000 euros, o Concello de Vigo vai renovar a iluminación do parque de Castrelos, substituíndo as actuais luminarias por luces led. O obxectivo é mellorar a iluminación e fomentar o aforro enerxético.
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello investirá 600.000 euros en renovar a iluminación do parque de Castrelos

Cun orzamento superior aos 600.000 euros, o Concello de Vigo vai renovar a iluminación do parque de Castrelos, substituíndo as actuais luminarias por luces led. O obxectivo é mellorar a iluminación e fomentar o aforro enerxético.

Abel Caballero anunciou esta mañá a reforma do alumeado de Castrelos para conseguir mellora da iluminación e aforro enerxético. O venres pasado, o Concello solicitou autorización en Patrimonio para substituír a actual iluminación de sodio de alta presión por luminarias de tecnoloxía led. Cun orzamento superior aos 600.000 euros e un prazo de execución de catro meses, actuarase nun total de 50.000 m2 distribuídos no parque infantil, no circuíto de running, nas pistas deportivas e na rúa Ángel Illarri. O obxectivo, detallou, é mellorar os parámetros lumínicos en todas as zonas e reducir considerablemente o consumo eléctrico. O proxecto prevé incorporar novos modelos de luminarias modernas e acordes co entorno emblemático.


O rexedor referise tamén ao atraso da Xunta en responder á solicitude de autorización a Patrimonio para realizar obras de reforzo no Paseo de Alfonso. O Concello pediu o permiso no mes de marzo e seis meses máis tarde aínda non houbo resposta para poder acometer uns traballos de acondicionamento que se prolongarán dous meses nunha das zonas máis “emblemáticas” da cidade.

Una respuesta para "O Concello investirá 600.000 euros en renovar a iluminación do parque de Castrelos"

  1. Gamela   17/09/2019 at 11:55

    mentras falamos de luces… coa outra man baixo a mesa, roubannos o 21% de vivendas protexidas no pelotazo do Barrio do Cura!

    As MENTIRAS de Abel xa deberan calificarse de ESTAFA DECLARADA! https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/09/17/luz-verde-transformacion-barrio-do-cura-400-viviendas/0003_201909V17C1995.htm

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.