O Concello inviste 240.000 euros na mellora do paseo de Samil e as instalacións municipais

A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a adxudicación da instalación dun novo sistema de depuración de auga para as piscinas de Samil cun importe de licitación de 64.000 euros. O Concello investiu case 250.000 euros nos últimos meses nas instalacións municipais e no paseo da praia.
Por o 26/06/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello inviste 240.000 euros na mellora do paseo de Samil e as instalacións municipais

A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a adxudicación da instalación dun novo sistema de depuración de auga para as piscinas de Samil cun importe de licitación de 64.000 euros. O Concello investiu case 250.000 euros nos últimos meses nas instalacións municipais e no paseo da praia.

O Concello de Vigo ten previsto aprobar este xoves na Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación da contratación do subministro e instalación dun novo sistema de depuración de auga para as piscinas das zonas verdes de Samil. Segundo explico o alcalde en rolda de prensa, o investimento no paseo da praia e nas instalacións municipais nos últimos meses ronda os 240.000 euros.

Abel Caballero sinalou ante os medios de comunicación que o goberno local instalou 450 metros lineais de varanda de aceiro inoxidable no paseo cun orzamento de 121.000 euros cos que se cubriu fundamentalmente as zonas con maior desnivel, por razóns de seguridade pero tamén de estética.

Ademais, o Concello tamén levou a cabo traballos de arranxo do pavimento do paseo da praia, no que se completou case toda a superficie que estaba danada e algo deteriorada, nunha obra que contou cun presuposto de case 20.000 euros.

Por último, levouse a cabo a reforma dos catro baños públicos da praia cun investimento de 43.000 euros e os traballos centráronse na mellora das duchas, bebedeiros, lavapés, mobiliario urbano e accesos para persoas con discapacidade física.

Comentar noticia

Your email address will not be published.