O Concello inviste 522.000 euros na Salgueira, “na primeira actuación que se fixo nunca na zona”

Por o 13/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello inviste 522.000 euros na Salgueira, “na primeira actuación que se fixo nunca na zona”

O goberno local está a humanizar a rúa Mantelas cun orzamento de 522.000 euros e que suporá a renovación de beirarrúas, pavimento e canalizacións. O rexedor destacou, logo da visita as obras, que é a primeira vez que ningún goberno local actúa na zona de A Salgueira.

O Concello está a humanizar a rúa Mantelas na que é “a primeira gran actuación que ningún goberno local realizou en A Salgueira. Cun orzamento de 522.000 euros, estanse a renovar 900 m2 de baldosa hidráulica, pavimento asfáltico, 450 ms de abastecemento con canalizacións de fundición dúctil, 15 pozos de rexistro, 650 ms de tubaxes de fundición, entre outros, “unha humanización nos máis altos estándares”, resumiu o rexedor.

Na contorna destes traballos, o goberno local renovou beirarrúas e alumeado en Baixada a Riobóo, rematada en 2018 cun orzamento de 280.000 euros, actuou no muro da Asociación de Veciños e acometeu a limpeza de fincas e maleza na zona do colexio

Comentar noticia

Your email address will not be published.