O Concello inviste 552.000 euros nos novos asentos da grada de Río Baixo

Amais a Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación de obras de melloras en tres campos de fútbol, A Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma, por un importe de 718.000 euros.
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inviste 552.000 euros nos novos asentos da grada de Río Baixo

Ao longo do mes de maio, o Concello instalará os novos asentos para a grada de Río Baixo no Estadio Municipal de Balaídos, logo da aprobación en Xunta de Goberno da clasificación de ofertas para a contratación do subministro e instalación dos mesmos por un importe total de 552.000 euros, en virtude do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra.

Ademais, quedou aprobado o expediente de contratación das obras de renovación das instalacións do campo de fútbol de Campo da Mina-Castrelos, cun importe de 159.561 euros, e no campo de fútbol de San Andrés de Comesaña, por 150.000 euros, así como a renovación do céspede artificial e instalacións no campo de fútbol As Relfas-Sárdoma, que teñen un custo de 408.000 euros. En total, o Concello inviste nestes tres campos 718.000 euros.