O Concello inviste case 1,5 millóns de euros en rehumanizar cinco rúas empedradas

O alcalde visitou este luns a rúa Carral, na que se substituíu o empedrado por asfalto, dadas as deficiencias detectadas e o ruído que provocaba. Amais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos materiais para instalacións deportivas e o mantemento dos centros municipais de distrito.
Publicado por o día 29/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inviste case 1,5 millóns de euros en rehumanizar cinco rúas empedradas

O alcalde visitou este luns a rúa Carral, na que se substituíu o empedrado por asfalto, dadas as deficiencias detectadas e o ruído que provocaba. Amais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos materiais para instalacións deportivas e o mantemento dos centros municipais de distrito.

O goberno municipal vén de acometer a rehumanización das rúas Carral, Victoria e Luis Taboada substituíndo a pedra por un asfalto combinado con pedra e pulido, unha superficie máis flexible, con gran aparencia estética e que “aguanta ben sen facer ruído, seguindo o modelo da Praza de Compostela”, apuntou o rexedor que aludiu á resistencia do firme grazas ao aglomerado en tres capas, que lle outorga firmeza pero tamén flexibilidade.

O rexedor sinalou que a actuación nestas tres rúas é a mesma que anteriormente acometera o Concello en García Olloqui e na Alameda “ante o ruído e o afundimento destas cinco rúas que eran continuos polo que tivemos que arranxalas bastantes veces”. As rehumanizacións realizadas polo Concello suman un millón e medio de euros de investimento.

Caballero criticou ao goberno anterior que realizou humanización que “aos 5, 7, 8 anos estaban afundidas, foron pura aparencia e agora hai que volver facelas”. Así, avanzou que queda por rehumanizar Marqués de Valladares que xa sufrira “un afundimento moi importante” polo que o Concello tomou a decisión de cambiarlle o firme a todas as rúas empedradas da cidade”.