O Concello inviste máis de 200.000 euros no patio do colexio Canicouva

Abel Caballero explicou este venres que se trata do cuarto patio cuberto cuxas obras acomete o goberno municipal, que tamén ten en marcha as do CEIP García Barbón e comezou obras na rúa Coutadas para mellorar o acceso aos centros Rosais I e República Oriental do Uruguai.
Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inviste máis de 200.000 euros no patio do colexio Canicouva

Abel Caballero explicou este venres que se trata do cuarto patio cuberto cuxas obras acomete o goberno municipal, que tamén ten en marcha as do CEIP García Barbón e comezou obras na rúa Coutadas para mellorar o acceso aos centros Rosais I e República Oriental do Uruguai.

O alcalde informou do remate das obras de cubrición do patio do colexio Canicouva cun investimento superior aos 200.000 euros e do inicio das obras para instalar unha nova cuberta no CEIP García Barbón, que conta cun orzamento tamén de máis de 200.000 euros e coa previsión de finalización antes do inicio do novo curso escolar.

Caballero apuntou que o Concello ten presupostadas as cubertas dos colexios de Balaídos e Pintor Laxeiro que, entre os dous orzamentos superan os 600.000 euros, e lembrou que xa se cubriron os patios dos colexios Castelao, Carballal e Rocío. Con todo, o Concello ten pendentes de realizar 15 patios cubertos de centros da cidade que, “como os anteriores corresponden á Xunta de GALICIA que nin está nin se lle espera, mentres o Concello vai camiño de cubrir sete”.

Amais, o goberno de Vigo deu comezo á obras da rúa Coutadas, entre a rúa Santander e o paso superior sobre a AP9, e que teñen un importe de 408.000 euros. Segundo explicou Caballero, a obra vai permitir mellorar a seguridade no acceso e saída dos autobuses aos institutos Rosales 2 e República Oriental de Uruguai, “outra competencia da Xunta de Galicia”, engadiu o rexedor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.