O Concello lanza ‘Nigrán coa infancia’ para visibilizar todas as familias responsables que saen a pasear cos fillos e transmitir optimismo

O goberno local insta a enviar imaxes dos paseos con crianzas a comunicació[email protected], ao facebook do Concello de Nigrán ou a etiquetalas baixo o hashtag #NIGRANCOAINFANCIA
Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello lanza ‘Nigrán coa infancia’ para visibilizar todas as familias responsables que saen a pasear cos fillos e transmitir optimismo

O Concello de Nigrán lanza novamente unha campaña propia centrada nas crianzas do municipio baixo o lema ‘Nigran Coa Infancia’ para visibilizar entre toda a sociedade os paseos responsables que se están a realizar desde o sábado pasado no municipio. Deste xeito, pide as familias que envíen imaxes das súas saídas con menores de 14 anos a [email protected] ou por privado
ao Facebook do Concello ou que as etiqueten en redes baixo o hashtag #NigranCoaInfancia. O obxectivo é trasmitir optimismo, dar exemplo a todos, e defender ao mesmo tempo os dereitos dos nenos e nenas.

“Os paseos están a ser exemplares desde o primeiro día, a realidade é que as familias de Nigrán sempre cumpriron, eso é o que queremos trasladar unha vez máis: Paciencia, cariño e calma”, sinala o alcalde de Nigán, quen tomou a decisión de abrir areais e espazos verdes desde o día un para que, precisamente, estas saídas se poidan realizar gardando a distancia social requirida. “O certo é que o sábado pasado circularon por toda España 3 ou 4 imaxes lamentablesdalgún lugar costeiro de non se sabe onde e enseguida se contaxiou o pesimismo e a división, xeralizandose unha idea que, polo menos no caso de Nigán, é falsa: aquí as familias están a cumprir escrupulosamente, cinguíndose a 1 km da súa casa e seguindo todas as recomendacións, e queremos que se vexa e que se recoñeza o ben que o están a facer todos. É necesario reforzar o bo comportamento, dá confianza e seguridade”.

O Concello de Nigrán conta con 2.675 menores de idade e, deles, 2.186 teñen menos de 14 anos ou 14, colectivo infantil ao que se dirixe novamente esta campaña por seren os que contempla a lei para realizar paseos dunha hora (ao inicio do confinamento o Concello lanzou o lema‘Paciencia, Cariño e Calma’ pedindo as crianzas que o escribiran xunto ao debuxo dun corazón para pegalo despois no balcón ou xanelas).

“Os nenos e nenas desapareceron por completo das rúas 40 días, non saíron a comprar, traballar, ou pasear ao can, foron os máis castigados do confinamento e seguen a ser o mellor exemplo para os adultos, por iso queremos que agora sexan visibles nos seus paseos”, sinala o alcalde, Juan González, quen fai un especial chamamento ao respecto, “non pre-xulguemos nada desde o balcón e sexamos os adultos un exemplo positivo para todos os nenos”.

Paralelamente, o Concello de Nigrán manterá para os pequenos e ancianos a celebración dos ‘aniversarios de balcón’ ata o día 11de maio, “a partir desta data recuperamos un chisco da normalidade e os nenos, se todo vai ben, xa se poderán reunir con familiares”. Ademais, segue en activo a canle de Youtube do Concello de Nigrán adicada a ofrecer contido de entretemento a cargo de animadores e artistas do municipio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.