O Concello lanza un innovador sistema de rutas interactivas a través da app Vigo

Este novo sistema permitirá realizar percorridos virtuais para turistas e cidadáns sobre o patrimonio cultural, medioambiental e histórico, así como rutas de exposicións interactivas con vídeos e audioguías na rede de museos municipais. Estará en operativo nos teléfonos móbeis a partir do luns 7 de decembro.
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello lanza un innovador sistema de rutas interactivas a través da app Vigo

O alcalde de Vigo presentou esta mañá un “extraordinario” sistema de rutas interactivas en museos e distintos espazos da cidade a través da app Vigo. Este proxecto – que estará dispoñible o luns 7 nas plataformas android e IOS- foi deseñado por técnicos municipais e contou co cofinanciamento dos fondos DUSI europeos, dentro proxecto “Vigo vertical”. Segundo explicou, o obxectivo é poñer en valor o rico patrimonio de Vigo creando unha grande base de datos dos elementos clave da cidade polo seu interese turístico, histórico, medioambiental, cultural ou artístico.

Nunha primeira fase, a app Vigo incluirá as seguintes rutas: “Monte do Castro en 100 minutos”; “Vigo en 60 minutos”; “Muralla de Vigo”; “Botánica do xardín do Pazo Quiñones de León”, ademais das do Museo MARCO, sobre as exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido. Con este sistema, os museos de Vigo serán os primeiros de Galicia en posuír esta tecnoloxía de interacción entre museo e visitante. O dispositivo é o mesmo que usan grandes contedores culturais como o Museo Brooklyn, o Museo Guggenheim de Nueva York, o Museo do Louvre en París, o Museo Nacional de Cardiff, Gales ou o Museo de Arte Contemporáneo de Cracovia.

Ao longo dos próximos meses, engadiu o rexedor, incluiranse as seguintes novas rutas: Vigozoo; pazo e sala de arqueoloxía do Museo Quiñones; sendeiros azuis, sendeiros GR, Illas Cíes; Cemiterio de Pereiró ou os xacementos arqueolóxicos do Castro e Toralla.

Comentar noticia

Your email address will not be published.