O Concello leva asuntos de gran importancia ao pleno deste xoves

A rebaixa do IBI e o IAE, a dotación económica para o concurso de ideas de ordenación da fronte fluvial, a adquisición do teatro principal, a solicitude de admisión a rede de xudería de España, unha modificación puntual do PXOM na aduana e as contas de 2017 son parte orde do día destacado.
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Galicia,Tui

O equipo de goberno de Tui vai levar a pleno este xoves as 20.00h a rebaixa de imposto do IBI e o IAE a modificación de crédito para dotar de premios o concurso de ideas de ordenación da fronte fluvial, a adquisición do teatro principal de Tui a solicitude de admisión de novas cidades a rede de xudarías de España e a modificación do PXOM que permitirá a rehabilitación do edificio da antiga aduana.

No pleno deste próximo xoves se debateran asuntos de gran relevancia para o concello de Tui. Entre outros temas se vai debater a proposta do goberno local da modificación da ordenanza fiscal do IBI e do IAE co fin de rebaixar estes dous impostos. Por outra banda, tamén se vaia debater a modificación decreto para as bases e a dotación de premios dun concurso de ideas co fin de reordenar a fronte fluvial, este proxecto xa foi aprobado en pleno pero agora debe ir de novo a debate para dar resposta as alegacións presentadas pola oposición.

Nesta sesión plenaria tamén se vai debater o expediente de adquisición directa do teatro principal que chega así ao remate do novo proceso e que de ser aprobado podería considerarse este teatro de propiedade municipal. Na mesa sesión tamén se vai debater a posibilidade de que o Concello de Tui solicite a admisión na rede de xuderías de España “Camino de Sefarad”, unha posibilidade que se abre agora e que de ser admitida Tui pasaría a formar parte dun selecto grupo de cidades que pertencen a este rede.

No Pleno tamén se debaterá a aprobación inicial de modificación puntual do plan xeral ordenación municipal no equipamento E-209-A referido ao antigo edificio da Aduana, esta modificación, unha vez refrendada pola Xunta de Galicia, permitirá a Cámara de Comercio de Tui, actual propietaria do edificio, rehabilitalo de xeito integral para o seu uso e lles permitirá tamén, instalar alí as súas oficinas.

Ademais de todos estes importantes asuntos se debaterá a aprobación da conta xeral do exercicio 2017  e os estados de contas anuais anexos a mesma.

Na opinión de Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, “estamos diante dun pleno de gran transcendencia e os e mais contido dos últimos anos”.