O Concello licita a humanización da Praza de América

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o expediente de contratación das obras de mellora da Plaza de América cun orzamento de 1,9 millóns e un prazo de execución de 8 meses. Ademais, tamén saiu adiante a contratación da nova Biblioteca de Navia.
Publicado por o día 19/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello licita a humanización da Praza de América

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da licitación da obra da mellora da contorna da Praza de América cun orzamento de 1,9 millóns e un prazo de execución de 8 meses.

“É un novo proxecto para unha cidade europea, é a modernidade, a forma de entender Vigo”, sinalou o rexedor tras destacar as características principias que terá a humanización. Así, as obras a executar teñen o obxectivo de peatonalizar a praza e abrir unha ruta de acceso para os viandantes de forma que poidan cruzar a través do monumento da Porta do Atlántico.

A actuación inclúe a renovación das redes de abastecemento, saneamento, alumeado e drenaxe. Ademais, para evitar o ruído do trafico haberá un anel verde formado por vexetación sobre xardineiras, tanto no perímetro exterior como no interior.

O proxecto tamén substitúe as de formigón por pezas de granito gris e o novo pavimento na nova praza central e accesos para peóns, novos semáforos, sinais e mobiliario, ademais de novo vaso para a fonte con gradas e xardineiras no perímetro das zonas para peóns, bancos, papeleiras e elementos informativos e de posta en valor da praza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.