O Concello licita a vía verde ciclista e peonil por 1,4 millóns

Caballero informou da aprobación dos pregos de condicións e apertura da licitación desta obra, que presenta un prazo máximo de execución de 6 meses. A senda verde discorrerá polas antigas vías do tren, desde Teis ata Urzáiz, 3,6 quilómetros de carril bici e peonil que contará con pasarelas de acceso desde as rúas Navarra e Bos Aires.
Publicado por o día 22/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Tui

O Concello licita a vía verde ciclista e peonil por 1,4 millóns

O goberno de Vigo vén de aprobar a contratación e apertura do proceso de licitación, segundo revelou este xoves Caballero, logo de ter acordado con ADIF a cesión da vía.

Cunha lonxitude de case que 3,6 quilómetros, a futura vía verde viguesa suporá o acondicionamento da antiga plataforma ferroviaria e das áreas adxacentes para convertelas en áreas de descanso ou miradoiros. Explicou o alcalde que a senda terá cinco metros de ancho, con tres metros para un carril bici e dous para o espazo peonil.

O Concello prevé habilitar áreas de descanso e miradoiros na Vía Verde, ademais de apeadeiros, paneis informativos, mobiliario urbano, iluminación e zonas de estacionamento. Abel Caballero enfatizou que se manterán treitos dos antigos raís e demais elementos ferroviarios, para manter a orixe da infraestrutura.

O rexedor anotou que dúas pasarelas -con perfís metálicos- permitirán dar continuidade e acceder á senda verde. Unha estará ao final do percorrido, terá cincuenta metros de largo desde a rúa Navarra á Vía Norte, mentres que a segunda será unha rampla de 150 metros desde o paso elevado da Avenida Bos Aires.

Infografia Proxecto