O Concello licita os servizos sanitarios asistenciais de CEDRO por 791.000 euros anuais

Dúas empresas optan ao contrato dos servizos sanitarios asistenciais do Centro municipal para o tratamento de drogodependencias (CEDRO), segundo informou o alcalde, que sae por tres anos cun importe de licitación de 2.374.176 euros.
Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello licita os servizos sanitarios asistenciais de CEDRO por 791.000 euros anuais

Dúas empresas optan ao contrato dos servizos sanitarios asistenciais do Centro municipal para o tratamento de drogodependencias (CEDRO), segundo informou o alcalde, que sae por tres anos cun importe de licitación de 2.374.176 euros.

Logo de quedar deserto nunha convocatoria anterior, o contrato de servizos sanitarios asistenciais para CEDRO avanza coa presentación de dúas empresas á licitación, que se oferta para os próximos tres anos por importe de 791.000 euros anuais.

CEDRO é o centro municipal de tratamento das drogodependencias, un servizo que o pasado ano 2018 atendeu a 1.025 doentes e inclúe unidades de día e asistencial. O orzamento desta dotación social para este ano ascende a 1.449.000 euros, dos que preto dun millón son achegados directamente polo Concello de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.