O Concello logra 2,5 millóns en axudas para rehabilitar vivendas

Vivendas das catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) de Vigo recibirán achegas para a súa reforma grazas aos fondos acadados polo Concello. O convenio foi firmado este venres en Santiago.
Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello logra 2,5 millóns en axudas para rehabilitar vivendas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o Concello de Vigo recibirá un total de 2,5 millóns de euros para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) dentro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. O importe total de investimentos para as reformas das casas chega ata 4,7 millóns.

O Concello firmou o convenio grazas ao que poderán reformarse vivendas dos Aris do Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia (rúas Bueu e Moaña). Os propietarios, tal e como sinalou o alcalde, son “xente traballadora con poucos recursos, xubilados e mulleres maiores”.

Ademais, o alcalde lembrou que o goberno local xa solicitou a ampliación da ARI do barrio de Coia e, por outra, crear novas áreas do Grupo de Vivendas de Beiramar, das vivendas do Edificio Fenosa, das vivendas sociais da rúa Emilia Pardo Bazán (construídas no ano 1957) e San Roque, o Grupo de Vivendas de Espiñeiro (1960), rúa Enrique Lorenzo (1954) e barrio da Salgueira (entre 1953 e 1958).