O Concello mellorará a conexión co Álvaro Cunqueiro coa ampliación de 7 liñas e 3 novas lanzadeiras

Por o 12/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello mellorará a conexión co Álvaro Cunqueiro coa ampliación de 7 liñas e 3 novas lanzadeiras
Compartir en:

O alcalde avanzou esta mañá unha remodelación do transporte público ao hospital para mellorar a conectividade e atender unha gran demanda cidadá. Nun primeiro momento, ampliaranse 7 liñas que chegarán ata o Álvaro Cunqueiro, ademais de implementar 3 lanzadeiras que prestarán servizo aos traballadores que teñen que estar ás 08,00 h no complexo hospitalario.

Sete liñas de autobús ampliarán o seu percorrido para chegar ao hospital Álvaro Cunqueiro o que permitirá mellorar a conectividade de moitos núcleos da cidade co complexo hospitalario. Concretamente, serán las liñas L6D, L6E, L12, L17, L18, L25 e L27 as que modificarán o seu itinerario para atender a grande demanda de transporte público cara o hospital.

Ao mesmo tempo, implementaranse tres lanzadeiras para dar servizo aos traballadores que teñen que estar no Cunqueiro ás 08,00 h da mañá. Ao redor das sete horas sairán buses desde tres zonas da cidade e o percorrido da primeira delas será Navia, Bouzas, Eugenio Fadrique, rúa Coruña e Balaídos. A segunda sairá de García Barbón, Sanjurjo Badía, Buenos Aires, Travesía de Vigo, Pizarro, Plaza España e Gran Vía; mentres que a terceira partirá de Candeán, avenida do Aeropuerto, Jenaro de la Fuente, Gregrorio Espino, Martínez Garrido, Cabral e Lavadores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.