O Concello mellorará a seguridade viaria en Navia con pasos resaltados e nova iluminación

A próxima semana, o goberno de Vigo comeza a renovación de 75 puntos de luz LED e a instalación de pasos de peóns sobreelevados en Teixugueiras, segundo anunciou este venres Abel Caballero. O alcalde tamén datou para a semana que vén o inicio das obras da sala de usos múltiples e, para este mes, a apertura da primeira fase do novo parque de Navia.
Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello mellorará a seguridade viaria en Navia con pasos resaltados e nova iluminación

O goberno de Vigo prevé iniciar a próxima semana unha serie de actuacións no PAU de Navia orientadas, en primeiro lugar, á mellora da seguridade dos peóns, segundo avanzou este venres Caballero, coa instalacións de luces LED en 75 farois de Teixugueiras e a execución de pasos de peóns sobreelevados na mesma rúa.

Por outro lado, e igualmente na zona nova de Navia, o Concello de Vigo vai comezar a semana que vén cos traballos de construción da nova sala de usos múltiples -entre os que se atopa un amplo espazo de lectura-, que conta cun orzamento de 440.000 euros e que estará concluída nun prazo de tres meses.

En cuarto lugar, Abel Caballero anunciou que este mes de febreiro vaise inaugurar a primeira fase do gran parque de Navia. Este mes estará aberto parte do parque infantil, a pista polideportiva, o “pankraft” e unha zona de xogos de mesa. O rexedor datou para o mes de marzo a posta en marcha da segunda parte do parque infantil e da pista de skate. O Concello adica ao efecto 1,3 millóns de euros.

Obras “paradas” 

Teixugueiras e a zona baixa do PAU de Navia é competencia do Concello de Vigo, mentres que a parte alta do mesmo lle corresponde á Xunta de Galicia, segundo explicou Caballero. O alcalde denunciou a paralización dunhas obras que o goberno de Núñez Feijóo está a acometer nas rúas Limpiño e Pedra Seixa, con problemas de falta de iluminación e seguridade, con pasos de peóns sen pintar e aparcamentos e beirarrúas pechadas ao uso.

Caballero definiu a actuación autonómica como un “desatino” e esixiu á Xunta de Galicia que “axilice” os traballos de mellora da iluminación e de seguridade en Navia, obras que están “paradas” actualmente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.