O Concello non cobrará a taxa dos vados no período do estado de alarma

Na cidade hai nestes momentos 5.419 vados que non terán que aboar a taxa correspondente aos 99 días de duración do estado de alarma. Amais, o goberno municipal bonificará o 100% das taxas de actividade e instalacións de locais de ata 150m2, a licenza de obras de adaptación de locais e actividades e o ICIO
Publicado por o día 08/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello non cobrará a taxa dos vados no período do estado de alarma

Abel Caballero informou da exención do pago a tódalas entradas de vehículos a través de beirarrúas ou terreos de dominio público local, polo que os 5.419 vados que hai nestes momentos na cidade non terán que pagar a taxa correspondente aos 99 días do estado de alarma.

O obxectivo da decisión, tal e como expuxo, é favorecer ao pequeno e mediano comercio dada a limitación no uso dos vados ao estar a cidadanía recluída nas vivendas e non usar tampouco os establecementos comerciais.

Amais, o rexedor avanzou a bonificación de varios impostos na apertura de negocios co obxectivo de favorecer ás actividades de nova implantación na cidade, a autónomos, medianas e pequenas empresas este ano. Así, a taxa de actividade e instalacións bonificarase ao 100% para locais de ata 150 m², tamén será 100% bonificada a taxa de licenzas de obras de adaptación de locais e actividades, o ICIO (imposto de construcións vinculado a obras de adaptación de locais) será bonificará ao 100% polo Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.