O Concello organiza actividades de ocio para adolescentes na Casa da Xuventude

“Estarde Ocio” comeza esta tarde na Casa da Xuventude con propostas de ocio para adolescentes de entre 13 e 17 anos. Música, obradoiros de grafitti, rap, regueifas, poesía ou capoeira son só algunhas das actividades das que se poderán beneficiar uns 13.000 mozos e mozas da cidade.
Publicado por o día 05/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello organiza actividades de ocio para adolescentes na Casa da Xuventude

“Estarde Ocio” comeza esta tarde na Casa da Xuventude con propostas de ocio para adolescentes de entre 13 e 17 anos. Música, obradoiros de grafitti, rap, regueifas, poesía ou capoeira son só algunhas das actividades das que se poderán beneficiar uns 13.000 mozos e mozas da cidade.

O Concello pon en marcha esta tarde o programa “Estarde Ocio”, unha alternativa de ocio para os adolescentes durante a fin de semana. Destinado a mozos e mozas de entre 13 a 17 anos, en Vigo hai uns 13.000 nesta franxa de idade -, o obxectivo é previr o consumo de substancias estupefacientes e outras adiccións, con actividades lúdicas e participativas que fomenten as relacións de respecto e igualdade.

Tal e como explicou o rexedor, estas actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude, en dúas quendas ao longo do ano. Desde marzo a maio e desde a setembro a decembro, de venres a domingo, entre as 17,00 e as 21,00 horas. Haberá concertos con grupos locais (rock, pop, indie…); obradoiros de grafitti, rap, regueifas, poesía, capoeira, hip hop, breakdance, finger skate, cómic, pintura, teatro e expresión corporal, entre outros.