O Concello organiza paseos literarios polo Ensanche, Calvario e Teis con “Historias para coñecermos Vigo”

Caballero deu conta este venres da organización de tres paseos literarios seguindo as obras da colección “Historias para coñecermos Vigo”. Nesta ocasión, as zonas que se van percorrer son o Ensanche, Lavadores e Teis.
Por o 16/03/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello organiza paseos literarios polo Ensanche, Calvario e Teis con “Historias para coñecermos Vigo”

O goberno local pon en marcha tres novos paseos literarios baixo o guión das obras da colección “Historias para coñecermos Vigo”. Os roteiros comezarán o 24 de marzo, con “Sombras no Ensanche”. A saída será ás 11,00 h desde detrás do Marco e a guía será a autora do libro, Clara do Roxo.

O sábado 7 de abril será a quenda de “Entre os dous hai un río”. Guiarao a autora da novela, María Ladoe e será pola zona de Lavadores. O 21 de abril, os asistentes a “Barricadas de sal” contarán cos comentarios do autor, Francisco Castro. O punto de partida é o Mercado de Teis ás 11,00 h desde onde se iniciará un paseo polo barrio.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse, a partir do vindeiro luns, día 19, en horario de 09,00 a 14,30 h no teléfono 986810281.