O Concello paraliza o contrato de promoción turística con Londres e Baleares polo Covid-19

O Goberno local paralizou a licitación do contrato de promoción turística con Londres e Baleares “dado que non se dan as condicións de operar, nin se sabe cando se van dar”, segundo explicou esta mañá o rexedor. Así mesmo, explicou que o Concello tamén está estudando a rescisión ou suspensión do contrato en vigor con Air Nostrum con voos a Sevilla, Valencia, Londres e París.
Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

O Concello paraliza o contrato de promoción turística con Londres e Baleares polo Covid-19

A Xunta de Goberno decidiu paralizar a licitación do contrato de promoción turística con Londres e Baleares porque é de imposible execución dadas as medidas adoptadas polas autoridades como consecuencia da crise sanitaria. O rexedor insistiu en que “non se dan as condicións de operar, non sabemos cando se vai restablecer o tráfico aéreo nin en que condicións”, polo que se suspende a tramitación ata que saibamos que se poden retomar os voos. Na rolda de prensa virtual, aclarou que o goberno local “non quere adxudicar un contrato de millóns de euros” que non vai poder ser executado e e podería supoñer un risco de eventuais reclamacións da compañía que resultara adxudicataria.

Respecto ao contrato de promoción en vigor con Air Nostrum con voos a Sevilla, Valencia, Londres e París, Caballero explicou que se está estudando a rescisión e o correspondente custo que suporía para as arcas públicas, sen desbotar outras opcións como unha suspensión acordada coa compañía ata que sexa posible retomar as conexións.

Máscaras

Outra das decisións adoptadas na Xunta de Goberno foi a adxudicación do contrato de subministro de 100.000 máscaras cirúrxicas por tramitación de emerxencia á empresa DT Solucións Cardíacas e Endovasculares S.L., provedor de POVISA. Deste xeito, formalízase a compra deste material de protección, do que 20.000 unidades xa foron distribuídas grazas a un adianto deste centro hospitalario e que será devolto tan pronto como chegue a mercadoría.
Tal e como explicou o rexedor, ata o de agora todas as máscaras que se están a repartir na cidade veñen do Goberno de España, o que fai a Xunta -puntualizou -é distribuír o material que procede do Estado, retirándolle a correspondente etiqueta. Lembrou que nos últimos días, Protección Civil, Policía Local y Policía Nacional distribuíron máscaras do Goberno central e avanzou que a cidade recibiu hoxe outras 30.000 que se sumarán a outras 20.000 que esperan recibir o próximo luns. Por tanto, o Concello repartirá nos próximos días outras 50.000 máscaras.

AFAN

O goberno local aprobou unha addenda ao convenio de colaboración coa Asociación Freixeiro de Axuda ao necesitado (AFAN) para a atención inmediata de persoas en situación de necesidade económica. Esta entidade recibe 55.000 euros anuais repartidos en dúas entregas e coa modificación aprobada hoxe, a ONG poderá recibir as dúas anualidades neste semestre.

Comentar noticia

Your email address will not be published.