O Concello pecha durante dous meses o miradoiro do Paseo de Alfonso XII

O goberno local acometerá obras para reforzar a beirarrúa -Necesita a autorización da Xunta
Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello pecha durante dous meses o miradoiro do Paseo de Alfonso XII

Para reforzar a estrutura e acondicionar a zona. Con estes obxectivos o Concello pechou onte unha parte do Paseo de Alfonso, que permanecerá valado ao redor de dous meses, ata que conclúan as obras. Así explicaba a actuación o alcalde, Abel Caballero: “Ten unha parte de beirarrúa que dá cara ao Barrio do Cura que esta pilotado e imos reforzar a estrutura”. Os operarios valaron a zona onte a media tarde, concretamente entre A Oliveira e o antigo asilo de Pi e Margall.

Antes de arrincar a obra, o goberno local necesita a autorización da Xunta ao tratarse dunha zona histórica, polo que enviará o proxecto esta semana para comezar os traballos canto antes.

Este proxecto mellorará un dos miradoiros máis emblemáticos da cidade, desde o que a posta de sol e a panorámica da ría coas Cíes ao fondo fan deste balcón una das grandes xoias de Vigo.

 

Una respuesta para "O Concello pecha durante dous meses o miradoiro do Paseo de Alfonso XII"