O Concello pide “solución” á Xunta ante a falta de prazas en residencias para maiores

Carlos Font explicou que o ratio en Galicia é dunha praza en residencia pública por cada 85 maiores, mentres que na área de Vigo é un 23,5% superior: unha vacante por cada 105 potenciais usuarios. O concelleiro denunciou a “falta de atención” da Xunta de Galicia e demandou solucións ao goberno autonómico. 
Por o 19/07/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello pide “solución” á Xunta ante a falta de prazas en residencias para maiores
Compartir en:

Carlos Font explicou que o ratio en Galicia é dunha praza en residencia pública por cada 85 maiores, mentres que na área de Vigo é un 23,5% superior: unha vacante por cada 105 potenciais usuarios. O concelleiro denunciou a “falta de atención” da Xunta de Galicia e demandou solucións ao goberno autonómico. 

O voceiro e edil municipal indicou que na área de Vigo existen 2.080 prazas en residencias para maiores, das que só o 29%, 604, son públicas. Engadiu Carlos Font que o ratio en Galicia é dunha vacante pública por cada 85 potenciais usuarios, cifra que aquí ascende a unha praza por cada 105 maiores, un dato “absolutamente dramático” que responde á “falta de atención” da Xunta de Galicia na cidade.

Font recordou que a atención ás persoas maiores é unha competencia da Xunta de Galicia, que ten que tomalo “en serio” e dar unha “solución” ao problema para que os ratios se equilibren á media galega. O concelleiro concluíu que a “falta de atención por parte da Xunta de Galicia é total, como amosan os datos”.

Una respuesta para "O Concello pide “solución” á Xunta ante a falta de prazas en residencias para maiores"

  1. Gamela   21/07/2019 at 11:42

    Pero no tuvieron inconveniente en dar licencia a Ballesol para abrir una residencia VIP !
    https://flic.kr/p/CktHYz

    La mejor residencia de mayores se vendió por 2,6 millones a su amigo Manuel Jove (un regalo de 10.000 metros cuadrados en primera línea de playa!) y el Edificio Cíes (sigue sin comprador) para convertirse en otro servicio privatizado para las Mutuas de Seguros !!!

    Ellos siguen escribiendo una carta a los reyes magos, mientras malvenden nuestro patrimonio !

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.