O Concello pidelle á Xunta que traballe a prol da ampliación do Ifevi

A concelleira de Urbanismo, María José Caride, demandou ao goberno autonómico que promova a “licitación inmediata” das obras de ampliación do recinto feiral, que é importante para a economía da cidade.
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello pidelle á Xunta que traballe a prol da ampliación do Ifevi

A tenente de alcalde e responsable de Urbanismo instou este martes á Xunta de Galicia a que “se poña a traballar e deixe de enredar co Ifevi”, argumentando que foi precisa a presión de Conxemar, do Ifevi e do Concello de Vigo para que tramitasen o proxecto de ampliación como urxente e de especial interese público, ao abeiro da Lei 3/2016.

Lembrou María José Caride que, nestes momentos, non hai “nada” na lexislación vixente que impida que o goberno autonómico solicite os informes sectoriais necesarios para a ampliación, o que “permitiría axilizar prazos e solapar os prazos de exposición pública cos precisos para recadar eses informes”. Para a concelleira viguesa, a Xunta está dilatando ese procedemento do mesmo xeito que a licitación das obras que ten que promover de forma “inmediata. Tardaron máis de 15 días en trasladar o proxecto ao Concello para que iniciáramos a tramitación”.

Apuntou Caride o compromiso do Concello que, ao día seguinte de rematar o prazo de alegacións, enviará o informe favorable que sinale que os intereses locais están claramente representados na ampliación de Conxemar porque é importante para a economía de todo Vigo.

Ademais, a edil de Urbanismo reclamou á Xunta de Galicia que asine o protocolo remitido polo Concello para traballar a prol do instituto de ensino secundario de Navia, que é unha demanda da cidadanía, dado que a proposta autonómica de facelo nas instalacións da Cidade da Xustiza “non se pode facer”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.