O Concello pon en marcha os campamentos de verán acorde ás novas directrices sanitarias

O alcalde deu conta esta mañá do inicio da tramitación que permitirá ao Concello organizar campamentos de verán para facilitar a conciliación familiar. Tal e como explicou, para o seu desenvolvemento, o Concello permanecerá ás normas que establezan as autoridades sanitarias.
Publicado por o día 14/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello pon en marcha os campamentos de verán acorde ás novas directrices sanitarias

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á prórroga dos contratos que permitirán organizar os campamentos de verán 2020. Nesta primeira aprobación habilítanse 720 prazas nos chamados campamentos náuticos (Verán Náutico I, II e Verán Mariñeiro) que se desenvolverán na ETEA e en Teis cun importe de 80.000 euros. Tal e como avanzou o rexedor, nas próximas semanas o Concello seguirá aprobando prórrogas do resto de contratos.

O Concello permanecerá moi atento ás directrices das autoridades sanitarias porque, asegurou, a normativa vai cambiar respecto de anteriores edicións é haberá aplicar novas precaucións no desenvolvemento destas actividades de ocio e conciliación familiar.

Parque de Castrelos

O goberno local aprobou tamén a reforma da instalación de iluminación pública no parque de Castrelos. Cun orzamento de 623.000 euros e un prazo de execución de catro meses, o proxecto prevé renovar farois e columnas na zona do parque infantil, no circuíto de running e na entrada do parque e da zona deportiva. Instalaranse novos proxectores LED nas pistas deportivas, na rúa Ángel Ilarri e na ponte sobre o río. Ademais de realizar novas canalizacións e cableados, retiraranse as antigas luminarias, arquetas así como o resto de elementos da instalación existente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.